refrescar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /re.fɾes.ˈkaɾ/ (AFI)

Verbo intransitivo

refrescar

  1. Moderar ou diminuír a calor de algo
    • Exemplo: Un ventiño mariño refrescaba a tarde. Colleu auga coas mans para refrescar a caluga. Foron tomar un vaso de auga fría para refrescar a gorxa.

  2. (Figurado) Recordar.
    • Exemplo: Cunhas boas lecturas, refrescarás os teus coñecementos sobre a historia.

Verbo intransitivo

refrescar

  1. Baixar a temperatura da atmósfera.
    • Exemplo: Fóra refresca, leva unha chaqueta. Contra a tarde comezou a refrescar.

Verbo pronominal

refrescarse

  1. Diminuír a calor ou a temperatura do corpo.
    • Exemplo: Métete na auga e refréscate un pouco.

Termos relacionados

refrescante, refrescar a memoria a alguén, refresco