presión
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín pressio, -ōnis.
- Pronuncia: [pɾeˈsjoŋ] (AFI)
presión (sg: presión; pl: presións)
- Acción e resultado de apertar, comprimir, oprimir, premer ou empuxar un obxecto.
- (Física) Forza exercida sobre unha superficie (real ou imaxinaria). A súa unidade no sistema internacional de unidades (SI) é o pascal (Pa), equivalente a unha forza de 1 newton sobre unha área de 1 metro cadrado (N/m2).
- Coacción máis ou menos sutil que se lle fai a alguén para forzalo a que faga ou diga algo.
Termos relacionados
a presión, presión arterial, presión atmosférica, presión crítica, presión fiscal, presión osmótica, presión sanguínea, presión social.