plancto
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do alemán Plankton, termo creado por Victor Hensen, do grego antigo πλαγκτός (planktós, "vagabundo"), de πλάζω (plázō).
- Pronuncia: /ˈplaŋkto̝/ (AFI)
plancto
- (Zooloxía) Conxunto de organismos acuáticos que non son quen de realizar movementos autónomos e son arrastrados pasivamente polas augas nas que flotan. Inclúe algas microscópicas, protozoos, pequenos crustáceos, crías de peixes, larvas de invertebrados, ovos, etc.