pinnada
Aparencia
Galego
pinnada f (sg: pinnada; pl: pinnadas)
- Dise das follas compostas nas que os folíolos se dispoñen regularmente a ámbolos lados dun eixo ou raque, a modo dun peite dobre. Este tipo de follas é propio do freixo, a nogueira, a mimosa ou a roseira.
- Cando os folíolos son simétricos, dous a dous, chámanse paripinnadas. Se existe un folíolo impar, terminal, chámanse imparipinnadas.
- En ocasións, do eixo central saen pedúnculos secundarios, dos que nacen os folíolos. Este tipo de folla chámase bipinnada e dase, por exemplo, na mimosa.