pichel
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do francés antigo pichier.
- Pronuncia: [piˈt͡ʃɛl] (AFI)
pichel (sg: pichel; pl: picheis)
- Recipiente para servi-lo viño ou bebelo directamente. Adoitan ser de estaño, de forma troncocónica e cunha asa soldada na boca.
- Sinónimos: pichela (máis ancha co pichel propiamente dito).
- Termos relacionados: picheleiro.
- Depósito para tinxi-las redes, usado na ría de Pontevedra.
- Termos relacionados: encascar.