Saltar ao contido

piano

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «piano».
  • Pronuncia: /piˈano̝/ (AFI)

Substantivo masculino

piano (sg: piano; pl: pianos)

  1. (Música) Termo utilizado en música para indicar unha determinada intensidade no son, é dicir, un determinado matiz. É unha palabra italiana que significa suave.
  2. (Música) Instrumento musical clasificado como instrumento de teclado de cordas percutidas. Está formado por unha arpa cromática de cordas múltiples accionada por un mecanismo de percusión indirecta, á que se lle engadiron apagadores.

Termos relacionados

Adverbio

piano

  1. (Música) Con pouca intensidade.

Substantivo masculino

piano (sg: piano; pl: pianos)

  1. (Música) Pasaxe musical executada cun son suave e pouco intenso.

Termos relacionados

Véxase tamén