pelicano

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «pelicano».
Pelecanus onocrotalus (especie de pelicano)
  • Pronuncia: [pe.liˈka.nʊ] (AFI)

Substantivo masculino

pelicano (sg: pelicano; pl: pelicanos)

  1. (Ornitoloxía) Ave de gran tamaño pertencente ao xénero Pelecanus, único xénero actual da familia Pelicánidos (Pelecanidae). O máis característico dos pelicanos é o seu longo peteiro e a súa gran bolsa gular, que utilizan para capturar as presas das que se alimentan e drenar a auga do contido alimenticio que apañaron antes de tragalo.

Traducións

Portugués

Substantivo masculino

pelicano (sg: pelicano; pl: pelicanos)

  1. (Zooloxía) Pelicano.