Saltar ao contido

palloco

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Substantivo masculino

palloco

  1. Pella, terrón de esterco, porción pequena e compacta de esterco que se pode coller dunha vez. Sin.: chota, pallopo, pantela, pantelada, pañoca. Carré Alvarellos aplícao tamén a un terrón de terra.

Exemplo de uso

O esterco íase cortando cun legón en trozos pesados que se chamaban "pallocos", e carrexábanse ó carro colléndoos cos dous brazos (García Barros: Enredos. Galaxia, 2000).