Saltar ao contido

melisa

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Grafías semellantes:     Melisa

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «melisa».
Follas de melisa
  • Pronuncia: /mɛˈlisa̝/ (AFI)

Substantivo feminino

melisa (sg: melisa; pl: melisas)

  1. (Botánica) Planta herbácea, vivaz, da familia das lamiáceas, Melissa officinalis, de 30 a 90 cm de altura. É orixinaria do sur de Europa, onde vive especialmente en zonas de montaña. O caule é ergueito, ramalludo e peludo, con follas opostas, ovais, pecioladas, suavemente dentadas e con pequenas flores brancas ou rosadas, que agroman entre xuño e setembro. As follas desprenden un suave arrcendo semellante ao do limón que, segundo se di, atrae ás abellas. Emprégase como medicinal, xa que posúe propiedades estomáticas e antiespasmódicas.
    • Exemplo: As folas de melisa úsanse na preparación da popular auga do Carme.

Sinónimos

Traducións