Saltar ao contido

marrucho

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Entrada incompleta

Esta páxina está marcada para ser completada. Pode axudar no Galizionario completándoa.

Sobremesa típica galega feita, entre outros ingredientes, con fariña, ovos, manteiga ou touciño, azucre,... ten forma redonda e plana, cor amarela-branca con trazas castañas. Hai quen as prepara reenchidas con marmelada, púdin, crema,...

Esta denominación é típica no conxunto do concello de Baiona. Distínguese da "fillós ou fillosa" por estar, esta última, elaborada, principalmente, con sangue, por exemplo, de porco, e tamén pode ir adornada con uvas pasas. Noutros lugares do país galego denomínase "filloa" (-de leite ou -de sangue). O entroido é unha época común para a degustación deste manxar.