malthusianismo
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /maltusjaˈnismo̝/ (AFI)
malthusianismo
- (Economía) Teoría demográfica, económica e sociopolítica, desenvolta polo economista británico Thomas Malthus (1766-1834) durante a revolución industrial, segundo a cal o ritmo de crecemento da poboación responde a unha progresión xeométrica, mentres que o ritmo de aumento dos recursos para a súa supervivencia faino en progresión aritmética, polo que habería que intervenir no nacemento de seres humanos para evitar a pauperización gradual da especie humana e incluso a súa extinción, o que se denominou catástrofe malthusiana.