Saltar ao contido

louza

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «louza».
  • Pronuncia: /ˈlowθa̝/ (AFI)

Substantivo feminino

louza (sg: louza; pl: louzas)

  1. Terracota esmaltada ou vernizada, de pasta fina, porosa, absorbente e opaca, coa que se crean obxectos tales como pratos, xerras etc.
  2. Conxunto destes obxectos.
  3. Conxunto de utensilios que se usan na cociña e na mesa.
  4. Restos vexetais de roza, malezas, que serven principalmente de cama para o gando, facéndose así esterco.