limpo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ˈlimpo̝/ (AFI)

Adxectivo

limpo (ms: limpo; mpl: limpos; fs: limpa; fpl: limpas)

  1. Que non ten sucidade.
  2. Que non ten mestura.
  3. Dise do ceo sen nubes.
  4. Aplícase á terra que foi mondada.
  5. Ben feito, perfecto.
    • Exemplo: Un golpe limpo.

  6. (Figurado) Honesto, honrado.
  7. Dise da costa que ten un fondo sen perigo para navegar.

Termos relacionados

  • Non ser trigo limpo: aplícase a unha persoa que non é de fiar.
  • Xogar limpo: sen trampas.

Traducións


Verbo

limpo

  1. Definición impropia: Primeira persoa do presente de indicativo do verbo «limpar».


Portugués

Adxectivo

limpo (ms: limpo; mpl: limpos; fs: limpa; fpl: limpas)

  1. Limpo.