Saltar ao contido

limiao

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /liˈmjao̯/ (AFI)

Adxectivo

limiao (ms: limiao; mpl: limiaos; fs: limiá; fpl: limiás)

  1. Relativo ou pertencente á Limia e a súa xente.
  2. (Xeografía) Relativo á Terra da Limia ou a Xinzo de Limia (Ourense).
    • Exemplo: As patacas limiás son das mellores de Galicia.

Sinónimos

Substantivo

limiao (ms: limiao; mpl: limiaos; fs: limiá; fpl: limiás)

  1. Habitante ou natural da Limia.
  2. (Xentilicio) Habitante ou natural da Terra da Limia ou de Xinzo de Limia (Ourense).
    • Exemplo: A fala dos limiaos comparte características coas do sur do bloque occidental porque eran da mesma diocese.

Sinónimos