limanda
Aparencia
Galego
limanda (sg: limanda; pl: limandas)
- (Alimentación) (Ictioloxía) Peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos, unha das seis que integran o xénero Limanda. É un peixe mariño, demersal, oceanódromo, de grande importancia comercial, de até 40 cm de lonxitude, que habita sobre fondos areosos pouco profundos nas costas do norte de Europa, desde Islandia, o norte de Noruega e os mares de Barents e Branco, polo norte, até o golfo de Biscaia, polo sur, sendo particularmente abundante no mar do Norte.