hóspede
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín hospes, hospitis.
- Pronuncia: /ˈɔspe̝ðe̝/ (AFI)
hóspede (ms: hóspede; mpl: hóspedes; fs: hóspede; fpl: hóspedes)
- Persoa que visita ou se aloxa nun domicilio alleo, sexa unha casa particular ou un establecemento comercial.
- Persoa que dá ou recibe hospedaxe.
- (Bioloxía) Organismo que aloxa un parasito ou un simbionte.
- Sinónimos: hospedador, hospedante, hospedeiro.