garelo
Aparencia
Galego
garelo (ms: garelo; mpl: garelos; fs: garela; fpl: garelas)
- Xentilicio) Habitante ou natural do concello de Betanzos.
- Exemplo: As garelas de Betanzos / cando van para o muíño / levan un gato esfolado / para comer no camiño.
- Observacións: Conta a lenda que o xentilicio arranca cos sucesos relacionados co Tributo das Cen Doncelas, segundo a cal os betanceiros venceron no lugar da Galera aos homes do califa e mais do rei Mauregato. A deformación da palabra daría paso ao actual garelo. A fórmula tamén se utiliza en Betanzos coma indicativo de autenticidade betanceira. Nesta acepción, garelo sería quen nacer en Betanzos e tiver os catro avós nacidos en Betanzos.
- Sinónimos: betanceiro
- Exemplo: As garelas de Betanzos / cando van para o muíño / levan un gato esfolado / para comer no camiño.
garelo (ms: garelo; mpl: garelos; fs: garela; fpl: garelas)
- Fachendoso, presuntuoso, vaidoso.