folio

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Miniatura no folio 162v do Códice calixtino

Substantivo masculino

folio (sg: folio; pl: folios)

  1. Folla de papel de 215 por 315 mm, resultante de dobrar pola metade un prego ordinario.
    • Exemplo: Teño que comprar un paquete de folios.

    • Observacións: Trátase dun formato obsoleto, que foi substituído polo formato A4 (210 por 297 mm), que na práctica tamén recibe o nome de folio.
  2. Cada unha das follas dun manuscrito, cando este non se numera por páxinas.
    • Observacións: Neste caso, a cara frontal do folio (ou primeira páxina) chámase recto (r) e a cara traseira (a segunda páxina do folio, o reverso) chámase verso ou volto (v).
  3. (Mariña) Matrícula dunha embarcación, que serve para identificar a lista, a provincia marítima, actividade, etc.
    • Exemplo: O folio do barco está case borrado e teño que levalo a que o pinten de novo.

Termos relacionados

Traducións