folión

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «folión».
Cacharela en Poio
  • Pronuncia: /foliˈoŋ/ (AFI)

Substantivo masculino

folión (sg: folión; pl: folións)

  1. (Etnografía) Grupos de veciños das aldeas das comarcas de Viana, Trives ou Valdeorras, que percorren as vilas próximas durante o Entroido, ó ritmo de bombos, cornas, sachos e outros instrumentos tradicionais.
    • Exemplo: Durante o Folión, os veciños vístense con roupas de vivas cores e adoitan ocultarse tras unha máscara.

    • Sinónimos: fulión
    • Termos relacionados: Entroido
  2. (Etnografía) Festa ou verbena que se adoita celebrar a noite de San Xoán, con grandes cacharelas.
  3. Festa, verbena que se adoita celebrar a véspera da festa do patrón.
  4. Gran foliada.