filibusteiro
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do francés filibustier, á súa vez do neerlandés vrijbuiter.
- Pronuncia: /filiβusˈtejɾo̝/ (AFI)
filibusteiro (sg: filibusteiro; pl: filibusteiros)
- (Historia) Pirata dos que, no século XVII, atacaban as posesións e frotas españolas no mar Caribe na procura de fortuna persoal.
- (Historia) Díselle así a persoas que, no século XIX, intentaron xogar un papel político en México e América Central, xeralmente en contra dos gobernos establecidos e utilizando métodos próximos á pirataría.