estómago
Aparencia
Galego
singular | plural |
estómago | estómagos |
- (Anatomía) Víscera do aparato dixestivo, con forma de saco, situada no abdome, onde comeza a dixestión dos alimentos. Comunica co esófago a través do cardia e co intestino a través do píloro. Pode ser simple, como no caso do home, ou policavitario, como no caso da vaca.
- Sinónimos: ventre, ventrullo.
- Termos relacionados: boca do estómago.
- (Figurado) Capacidade para aturar situacións desagradables.
- Exemplo: Non teño estómago para facerlle iso.
- Exemplo: Non teño estómago para facerlle iso.
Termos relacionados
- quedarlle [a un] algo no estómago: non dicir todo o que se pensa.
- revolverse o estómago
- ter moito estómago