Saltar ao contido

escarcela

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Substantivo feminino

escarcela (sg: escarcela; pl: escarcelas)

Neste relevo de Santo Domingo de Silos vemos a Xesucristo ataviado como peregrino, cunha escarcela sobre o que leva cosida unha cuncha de vieira
  1. Bolsa, máis ou menos grande, de pel ou coiro, na que se leva a comida, a caza ou calquera obxecto.
    • Sinónimos: zurrón.
    • Exemplo: O Códice Calixtino describe a escarcela como un saquiño estreito, de coiro, sempre aberto pola boca (non atado), no que o peregrino leva unha pequena e módica despensa.

Traducións