do Galizionario, dicionario galego na Internet.
- Etimoloxía: de demo
Adxectivo
endemoñado (ms: endemoñado; mpl: endemoñados; fs: endemoñada; fpl: endemoñadas)
- (Relixión, Mitoloxía) [Persoa] que está posuída polo demo.
- Exemplo: Levaron á filla onda o cura do Corpiño porque parecía estar endemoñada.
- Observacións: Úsase tamén como substantivo: Os endemoñados non son malos, fan o que fan por culpa do demo.
- Sinónimos: posuído
- Termos relacionados: exorcismo, conxuro, exconxuro
- (Por extensión) Que fai o mal á mantenta, que causa dano conscientemente.
- Exemplo: Iso que fixo o cacique non ten nome, nin que estivera endemoñado.
- Sinónimos: malvado, perverso
- (Por extensión) Que fai trasnadas.
Traducións