encadeamento
Aparencia
Galego
Pronuncia: /eŋkaðeaˈmento̝/ /eŋkaðeaˈmɛnto̝/ (AFI)
encadeamento (sg: encadeamento; pl: encadeamentos)
- Acción e efecto de encadear ou encadearse.
- Conexión e unión de cousas formando unha serie ou secuencia das mesmas.
- (Informática) Método polo cal o procesamento dun elemento integra o procesamento do seguinte elemento.
- (Cinematografía) Forma de cambiar de imaxe consistente na desaparición e aparición gradual de imaxes diferentes.
- (Música) Forma de unión directa entre acordes, forma de unión de movementos dunha composición.
- (Psicoloxía) Técnica coa que se ensina unha secuencia ordenada complexa mediante varias asociacións estímulo-resposta (E-R) máis simples.
- Sinónimos: encadeamento de respostas.
Termos relacionados
Traducións
- Alemán: Verkettung (de)
- Castelán: encadenamiento (es).
- Chinés: 链接 (zh)
- Francés: chaînage (fr)
- Inglés: chaining (en), catenation (en), series (en)
- Portugués: encadeamento (pt), encadeação (pt)
Referencias
- Definicións no Dicionario da Real Academia Galega para encadeamento.
- «encadeamento» no DIGALEGO, Ir Indo.