costeleiro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /kostɛˈlejɾo̝/ (AFI)

Substantivo masculino

costeleiro ----

singular plural
costeleiro costeleiros
  1. (Anatomía) Parte do corpo que está sobre as costelas.
  2. (Anatomía) Conxunto de costelas.
  3. (Alimentación) Conxunto de costelas dunha res de abasto, unidas polos músculos intercostais.
    • Sinónimos: costelar, entrecosto.
    • Observacións: O costeleiro está formado pola parte inferior das primeiras costelas, unidas polos músculos intercostais e mais a musculatura que cobre a rexión, rica en graxa. A parte superior das costelas quedou adherida ás costeletas e a parte inferior, unida ó esterno, forma parte da peza chamada peito. As costelas posteriores poden ir formando parte da peza chamada faldra.
    • Exemplo: Hoxe faremos xamón asado, e o domingo faremos un churrasco co costeleiro.

Traducións