convección
Aparencia
Galego
Etimoloxía: do latín tardío convectio, -ōnis, 'acción de transportar'.
Pronuncia: /kom.bɛk.'θjoŋ/ ou /kom.bɛk.'sjoŋ/ (AFI)
convección
(sg: convección; pl: conveccións)
- (Física) Movemento dun fluído a causa dunha variación da temperatura, que orixina a propagación da enerxía calorífica.
- (Física) Proceso consistente na produción dunha corrente eléctrica mediante o transporte de cargas por algún procedemento especial, diferente da aplicación dun campo eléctrico.
- En meteoroloxía, movemento vertical do aire.