construción
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín constructio.
- Pronuncia: [kons.tɾuˈθjoŋ] (AFI)
construción (sg: construción; pl: construcións)
- (Arquitectura) Acto e resultado de construír.
- (Arquitectura) Actividade, industria ou obra relacionada coa edificación ou coa fabricación de estruturas.
- (Morfosintaxe) Definición impropia: Chámanse así os enunciados lingüísticos cando se fai referencia, ademais, ás relacións que entre si teñen as palabras, sintagmas, frases, cláusulas ou oracións.
- Termos relacionados: construción sintáctica.