caloria
Aparencia
Galego
Pronuncia: /ka.lo.'ɾia̯/ (AFI)
caloría
- (Física) Unidade de cantidade de calor, desaconsellada polo Sistema Internacional de Unidades, definida como a cantidade de calor necesaria para aumentar a temperatura de un gramo de auga destilada desde os 14,5 °C ata os 15,5 °C, a presión atmosférica normal constante.
- (Alimentación) Unidade que se emprega para indicar a cantidade de calor liberada polos alimentos durante os procesos de oxidación.