bragado
Aparencia
Galego
bragado
- Dise dun boi, besta, etc. que teñen a rexión inguinal (a bragada) de cor diferente có resto do corpo, normalmente máis claro.
- Forte, rigoroso. Imos ter un inverno bragado.
- Home temperado, valeroso, forzudo, de firme carácter. Necesito un home bragado para esta misión.
Exemplo
- Eu xunguín o meu boi louro,
- fillo da vaca bragada.
- Grallan os corvos nos pinos
- e as pegas entre as xesteiras,
- temos inverno bragado.
- Cásate, si podes, nena.
Traducións
castelán: bragado.