aturuxo
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: de aturuxar.
- Pronuncia: /a.tuˈɾu.ʃo̝/ (AFI)
aturuxo (sg: aturuxo; pl: aturuxos)
- (Música) Berro que se utiliza nas festas e para darlles ánimos aos bailaríns. Adoita ser forte, agudo e prolongado.
Exemplo
- Xa non quedou un mociño.
- Xa non hai quen rolde unha nena.
- Xa non se oi un aturuxo.
- Todo é tristura na aldea.