Saltar ao contido

arcada

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «arcada».
Arcada do mosteiro de Xunqueira de Espadanedo

Substantivo feminino

arcada (sg: arcada; pl: arcadas)

  1. (Arquitectura) Secuencia de arcos, separados por columnas, en xeral formando un plano divisor de espazos.
    • Exemplo: No Coliseo de Roma, as arcadas superpostas corresponden ós tres estilos clásicos.

  2. (Arquitectura) Espazo entre dous piares dunha ponte.
  3. (Medicina) Contracción violenta do estómago que acompaña ou precede ó vómito.
    • Sinónimos: náusea, vasca
    • Observacións: Úsase preferentemente en plural.

Traducións