ampola
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /amˈpɔla̝/; /amˈpola̝/ (AFI)
ampola (sg: ampola; pl: ampolas)
- Vasilla que contén un líquido.
- Sinónimos: vasilla.
- Burbulla que contén líquido e que se forma na pel por mor dunha queimadura, producida por rozamento, ou exposición a altas temperaturas.
- Pequeno tubo de vidro, plástico ou metal, xeralmente terminado en punta, cun colo largo e estreito, e o corpo ancho e redondeado.
- Pequeno recipiente de vidro pechado hermeticamente, ou de plástico, que contén unha dose de medicamento ou outra substancia.
- Cantidade existente no anterior recipiente.
- Pequena cantidade de aire, ou algún elemento gasoso, que toma un aspecto redondeado e que sobe nos líquidos que ferven.
- Sinónimos: burbulla.
- Avultamento na superficie dun metal provocado por unha bolsa de gas no arrefriamento.
- Burbullas nas pezas cerámicas que aparecen na súa vitrificación.
- Elemento de cristal que contén os eléctrodos ou o filamento incandescente dunha lámpada eléctrica.
- Recipiente de vidro usado na produción de raios x.
- (Zooloxía) Dilatacións puntuais que sofren algúns condutos.
- (Zooloxía) Cada unha das vesículas que posúen certos equinodermos na base dos seus tentáculos ambulacrais.