americanismo
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /amɛɾikaˈnismo̝/ (AFI)
americanismo (sg: americanismo; pl: americanismos)
- Condición ou carácter de americano (orixinario de América).
- Solidariedade ou identificación co americano, a súa xente, os seus países, as súas culturas.
- Estudo de América en calquera dos seus aspectos (xeografía, historia, linguas, cultura, etc.)
- (Lingüística) Expresión, palabra ou uso propios do español falado no continente americano.
- (Lingüística) Expresión, palabra ou uso que pertence a algunha lingua orixinaria de América, ou que provén dela.
- (Lingüística) Expresión, palabra ou uso que pertence ao inglés falado no continente americano ou, máis especificamente, en Norteamérica (Estados Unidos e Canadá).