aleta dificerca
Aparencia
Galego
- (Ictioloxía) Aleta caudal dos peixes cando está formada por dous lobos simétricos, formados polos raios dorsais e ventrais posteriores, respectivamente, separados pola columna vertebral, que se prolonga, sen curvarse na súa última porción, até a extremidade da cola. No seu estado de desenvolvemento embrionario considérase protocerca, e xefirocerca cando, durante dito desenvolvemento, a súa estrutura primitiva, simétrica, se atrofia, sendo substituída por unha aleta secundaria, así mesmo simétrica, formada por unha serie continua dos raios dorsais, como na anguía.
- Sinónimos: ala dificerca.