aixola
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín *asciola, -ae, diminutivo de ascia, -ae.
- Pronuncia: [ajˈʃɔ.lɐ] (AFI)
(sg: aixola; pl: aixolas)
- Ferramenta de carpinteiro empregada para desbastar a madeira. Está formada por unha coitela de ferro duns dez centímetros de ancho que forma un ángulo agudo co mango (curto e de diferentes feituras) ó que vai unida pola parte oposta ó fío.