Saltar ao contido

aguia cobreira

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «aguia cobreira».

Locución substantiva feminina

aguia cobreira (sg: aguia cobreira; pl: aguias cobreiras)

  1. (Ornitoloxía) Ave rapaz da familia accipitridae. As partes inferiores son brancas, mesmo as das ás, e con frecuencia o peito e a testa escuras. A plumaxe da cabeza pode ser clara ou máis común escura. Habita en zonas de montaña, bosques e costas. Aliméntase de cobras, lagartos e ras. Aniña nas árbores. A súa lonxitude varía entre os 63 e 68 cm e a súa envergadura entre 185 e 185 cm, pesa entre 1'7 e 1'8 cm e ten unha esperanza de vida de 17 anos.

Sinónimos

Termos relacionados

Traducións