Saltar ao contido

afluencia

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /a.flu.'ɛŋ.θja̯/ ou /a.flu.'ɛŋ.sja̯/ (AFI)

Substantivo feminino

afluencia
(sg: afluencia; pl: afluencias)

  1. Acción e efecto de afluír.
    • Exemplo: A afluencia de sangue ao cerebro asegura todas as funcións do corpo.

  2. Conxunto de persoas ou cousas que aflúen, abundancia de xente.
    • Exemplo: Este partido de fútbol congregou unha grande afluencia de público.