abeto vermello
Saltar á navegación
Saltar á procura
Galego
Locución substantiva masculina
- (Botánica) Árbore da familia das pináceas, Picea abies, de porte elegante, coa cortiza vermella e escamuda e copa piramidal, que se estende por toda a rexión eurosiberiana, formando parte importante da taigá, e que se cultiva como forestal e ornamental (é a típica árbore de Nadal).
- Sinónimos: abeto do Norte, abeto falso.
Follas de abeto vermello.
Abeto vermello decorado como árbore de Nadal.