abelleiro
Aparencia
(Redirixido dende abellaruco)
Galego
Etimoloxía: de abella.
Pronuncia: /aβeˈʎejɾo̝/ (AFI)
abelleiro
- Pertencente ou relativo ás abellas.
- Exemplo: Ferreiro abelleiro.
- Exemplo: Ferreiro abelleiro.
abelleiro (ms: abelleiro; mpl: abelleiros; fs: abelleira; fpl: abelleiras)
- (Apicultura) Persoa que se dedica á cría das abellas.
Sinónimos
Traducións
abelleiro (sg: abelleiro; pl: abelleiros)
Sinónimos
abelleiro ----
| singular | plural |
| abelleiro | abelleiros |

- (Zooloxía) Ave da familia dos merópidos, Merops apiaster, duns 28 cm, co bico longo e curvado e plumaxe de cores brillantes (amarela, castaña e verde azulada), que se alimenta de abellas e de toda clase de insectos. Vive no sur de Europa, Asia occidental e África, e pode verse en Galicia na época de cría (maio e xuño), no Courel, procedente de África.
- Exemplo: O abelleiro adoita chegar a Galicia en abril, e marchar en agosto.
- Sinónimos: abellaruco.
- Exemplo: O abelleiro adoita chegar a Galicia en abril, e marchar en agosto.
Traducións
- Alemán: Bienenfresser (de)
- Castelán: abejaruco (es)
- Catalán: abellerol (ca)
- Francés: guêpier d'Europe (fr)
- Inglés: bee-eater (en)
- Italiano: gruccione (it)
- Portugués: abelharuco, abelheiro, abelhuco, alrute, barranqueiro, barroqueiro, gralho, melharuco, milheirós, pita-barranqueira (pt)
Referencias
- Definicións no Dicionario da Real Academia Galega para abelleiro.
- «abelleiro» no DIGALEGO, Ir Indo.
- «abelleiro -ra» no DIGALEGO, Ir Indo.
