Wiktionary:Asine as súas mensaxes nas páxinas de conversa
Forma parte da etiqueta dos proxectos da Fundación Wikimedia, coma o Wiktionary, asinar os seus comentarios nas páxinas de conversa. Isto é un aspecto esencial para a comunicación, ademais de axudar os outros usuarios a comprender o progreso e evolución do diálogo.
Opcións de sinatura
[editar]Dado que é necesario asinar as mensaxes, os creadores do Wiktionary idearon un sistema sinxelo para facelo. Para asinar automaticamente os seus comentarios coa data e a sinatura, engada catro tiles (~~~~) ao final da mensaxe, ou tres (~~~) para engadir só o nome de usuario, aínda que en xeral prefírese que se use o formato completo de catro tiles.
Aquí hai unha listaxe de opcións de sinatura:
O que vostede teclea | O que o sistema almacena | O que a páxina amosa |
~~~
|
[[:en:User:Kingturtle|Kingturtle]]
|
Kingturtle |
~~~~
|
[[:en:User:Kingturtle|Kingturtle]] 04:40, 10 Mar 2004 (UTC)
|
Kingturtle 04:40, 10 Mar 2004 (UTC) |
~~~~~
|
04:40, 10 Mar 2004 (UTC)
|
04:40, 10 Mar 2004 (UTC) |
Se vostede escolle a opción de contribuír ao Wiktionary sen rexistrarse, os tiles convértense no seu enderezo IP na sinatura. (Estar rexistrado resulta máis anónimo, téñao en conta se vostede está preocupado por cuestións relacionadas coa privacidade; de todos os xeitos o enderezo IP queda rexistrado no historial da páxina).
Preferencias da sinatura
[editar]Os usuarios rexistrados poden acceder ás preferencias e cambiar o campo O teu alcume (para sinaturas) para personalizar a sinatura. Vexa como facelo nas preferencias de usuario.
Restricións ás sinaturas
[editar]Contido
[editar]- A sinatura debe conter o nome de usuario e a ligazón á páxina do usuario como mínimo para facilitar a identificación do mesmo. Non é necesario que conteña unha ligazón á páxina de conversa do mesmo se así o prefire.
- En ningún caso a sinatura pode conter insultos, palabras malsoantes ou texto ofensivo ou insultante cara ningunha institución (pública ou privada), persoa ou outro usario da Wikipedia.
- Así mesmo non se permite engadir publicidade de ningún tipo na sinatura.
Tamaño da fonte
[editar]- En ningún caso se poderá aumentar o tamaño da fonte empregada na sinatura por riba do tamaño estándar do texto do Galizionario.
- Só se pode reducir o tamaño da fonte na parte que liga á paxina de conversa do usuario, a parte que liga á paxina do usuario debe permanecer no tamaño estándar para facilitar a súa lectura.
Cores
[editar]- Permítese o uso de calquera cor ou combinación de cores na sinatura.
Imaxes
[editar]- Permítese o uso dun máximo dunha imaxe na sinatura, sempre e cando a mesma cumpra o expresado na política de uso de imaxes.
- O tamaño da imaxe empregada na sinatura estará limitado a 20 píxeles.
Véxase tamén
[editar]
Volver á páxina de Axuda. |