Saltar ao contido

Axuda:Como crear unha páxina

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
(Redirixido dende WD:CCE)
Atallo:
WD:CCE

Podes crear unha entrada mediante esta fiestra se estás completamente seguro de que non existe outra páxina co mesmo contido que vas editar:

Galizionario, o dicionario multilingüe que calquera pode editar!
Introduce un termo nalgunha lingua:
e preme "Crear unha nova entrada"

Unha nova entrada pode comezarse deste xeito, que te levará a unha fiestra onde se pode comezar a escribir. Ou ben poder premer nun enlace en vermello dunha entrada xa existente. Iso tamén levará a dita fiestra. Se non existe a páxina, aparécenos unha fiestra na que di que aínda non hai texto nesa páxina. Enriba temos unha lapela que ofrece a posibilidade de editala, co que estaremos xa nunha situación equivalente á dos casos anteriores.

Unha vez creada a páxina, debemos procurar que non quede illada, iso quere dicir que temos que buscar relacións con outras páxinas e establecer ligazóns entre elas. Dese xeito será moito máis doado atopar a información que se busca neste dicionario. Por exemplo, se consideras que algunha palabra da definición da entrada podería ser buscada no dicionario por quen estivese buscando a entrada, compre convertela nunha ligazón interna.



Frecha. Volver á páxina de Axuda.