Saltar ao contido

Usuario:Sobreira/GReLO

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Rascuño de Wikiproxecto

[editar]
Idea para o logotipo do proxecto

Teño o pracer, a responsabilidade, o medo e mesmo a ousadía de propoñer un wikiproxecto do Galizionario chamado GReLO, que responde ás iniciais de "Grupo de R... e L... O... ". Res ipsa loquitur, dicían os latinos: "as cousas falan por si mesmas", neste caso as palabras. Preténdese que o Galizionario (como fonte de información nunca p... senón s... ) permita ós investigadores a consulta de léxico segundo ...

O nome parece pouco serio, pero espero que supoña un adianto nalgúns aspectos. Só tirarei da corda un pouco máis: cada artigo se chamaría ENGrUDO, que significa Elemento N... polo Grupo de Unificación de D... e de Onomasioloxía. Eu de momento rematarei a broma aquí (hai que ter sempre bo humor), non vaia ser que non se me tome en serio.

En realidade isto xa vén pensado dende hai case dous meses, pero durante todo este tempo estiven facendo o traballo suxo para que quen quixese traballar non tivese que pasar un choio que esixe algunhas doses de resistencia paciente, informática recompilación bibliográfica.

A oferta de lanzamento, como xa dixen, xa está preparada. Comezaremos no terreo da O... , e número de entradas que xa están preparadas para subirse calculo (aínda non xuntei todos) que é aproximadamente (e casualmente) 6666 artigos. Grazas á informatización, estes ENGruDOs están relacionadas entre eles e sempre referidos científicamente á súa denominación z... bin... Non sei moito en concreto de bots, pero teño a idea de que a subida de tantos ENGruDOs pode automatizarse.

Se tedes a mesma ilusión ca min nesta nova idea ou se levades un bot e sabedes como automatizar subidas de entradas, agradecería moito un comentario na miña páxina de discusión.

Léxico dun bebé de 10 meses

[editar]
expresión significado nivel de intro tempo relativo de intro
baobab (pintado nun azulexo da cociña) debuxo activo 7
bebé (en debuxos e fotos: identifica moitos) debuxo activo 10
pé (os seus e os dos demais) parte do corpo activo 9
ovella (pegatinas ó carón da bañeira:
todas teñen un nome con "ea":
Bea, Galilea Galatea, Tea Timotea, Exea Europea, Cinerea Cesarea)
debuxo activo (23/02) "bobeya" 6
papá persoa case activo 6
mamá persoa case activo 7
MeToo (oso: léase "mítu") xoguete case activo 8
burato (furado na parede) xoguete case activo 6
piscina (= bañeira) lugar semipasivo (xa pasivo?) 7
abaixo (só debaixo da súa mirada) deíctico semipasivo (xá activo?) 9
detrás (só detrás del) deíctico semipasivo (xá activo?) 9
Nena (nome dun animal) persoa pasivo 3
man (só identifica as mans alleas) parte do corpo pasivo 9
morfeico (trapo para durmir) obxecto de transición pasivo 1
chupete (identifica moitos: 2 laranxas e 1 azul) obxecto de transición pasivo 1
botella [de plástico] xoguete pasivo 2
bola (só identifica unha de moitas;
as outras son pelota)
xoguete pasivo 5
roda xoguete pasivo 6
Saxa e Mixa (unhas zapatillas-oso) xoguete pasivo 6
moto/ciclo xoguete pasivo 8
libro (temos 2: aínda non sei se identifica ambos pola palabra) xoguete pasivo 7
Chispa (nome dun animal nun libro e xoguete adxunto) debuxo pasivo 7
luz interacción pasivo 7
onde [queres ir]? interacción pasivo 7
vitamina / vitamina-na (tómaa tralo baño) interacción pasivo 6
laranxa (evitamos usala coma cor ou cando non toca comer) comida pasivo 6
colle / colle ti (para que coma da súa man) verbo en imperativo pasivo 6
sube / subir (ó colo ou a outro sitio) verbo en imperativo pasivo 7
toca (nun dos libros de xogo sobre a granxa, que incita a tocar;
extrapolado a outras situacións)
verbo en imperativo pasivo 7
senta (dende que é capaz de incorporarse,
para que non se poña en posturas inestables)
verbo en imperativo pasivo 8
vai ti (= gatea, non esperes que te leve eu;
dende que gatea)
verbo en imperativo pasivo 11
qax-qai (= fai golpes de 2 en 2;
tamén para apagar-acender a luz)
verbo en imperativo pasivo 10
colo actividade semipasivo 7
teta actividade semipasivo 9
comer actividade semipasivo 7
reno xoguete semipasivo 9
Emilio (pato de baño que rota: xoga con el na cama) xoguete semipasivo 9
estudo (cuarto do PC) lugar semipasivo 7
cociña lugar semipasivo 7
parque [de xogo] (colchoneta con bordes, na entrada:
xa lle gustou máis do que agora)
lugar semipasivo 7
durmir actividade semipasivo 7
plátano (só mencionable se toca comer) comida semipasivo 6
Río (nome dun animal) persoa semipasivo 4
pech'a man (para meter as mangas) verbo en imperativo semipasivo 2
estira [os brazos] (para meter as mangas e perneiras:
ultimamente négase)
verbo en imperativo semipasivo 2
dobra [os brazos] (para sacar as mangas e perneiras) verbo en imperativo semipasivo 2
pum (= golpea) verbo en imperativo semipasivo 5
katakraxni (= onomatopea de golpe) actividade semipasivo 3

O tempo relativo está en meses dende que naceu

O nivel de introdución é:

  • activo: entende e vocaliza, moitas veces ben e outras veces mal
  • case activo: entende e vocaliza poucas veces ben (intercambia nasais ou vogais, omite sílabas, cambia tónica)
  • pasivo: só entende
  • semipasivo: entende só en certos contextos