Usuario:Raspiñeiro/Galicionario das barbaridades
Aparencia
- textículo: Cada un dos extractos do "Mío Cid" por ser este un heroe de probada virilidade e seren aqueles textos pequenos (No exame puxéronme un textículo do Cid)
- peixe: (Ese é un bo peixe) Dise do individuo común por ser un mero individuo.
- luterano: Dise do individuo que non desexa que lle tiren unha fotografía xunto ó Papa (Lutero foi excomungado por non querer retractarse ante o papa)
- sedimentario: Poboador do paleolítico que se mantiña estable, moi estable, nun lugar.
- Colón: Autor do consabido discóbolo (no exame comentei o discóbolo de Colón).
- hostialidades: Acto bélico ou prebélico realizado cos puños.