Saltar ao contido

Santa Cristina de Vea

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Santa Cristina de Vea».
  • Etimoloxía: de santa Cristina e Vea, pola advocación da parroquia a santa Cristina de Bolsena. O nome persoal Cristina é un nome cristián derivado do nome de Cristo, documentado desde o século IV.[1] Cabeza Quiles sinala que santa Cristina de Bolsena foi unha mártir do século III e documenta a parroquia en 1514 como Santa Cristina de Bea, na expresión «Gonçaluo Abril, clérigo de Santa Cristina de Bea». O topónimo Vea procede do nome do río Vea, hidrónimo prerromano que, segundo a proposta de E. Bascuas recollida por Cabeza Quiles, puido formarse a partir da raíz indoeuropea *wel- «facer xirar, xirar, dar voltas; auga que fai remuíños», base da forma medieval Velegia, da que procedería Vea.[2]
  • Pronuncia: /santakɾisˈtina̝ðeˈβea̝/ (AFI)

Topónimo

Santa Cristina de Vea

Igrexa parroquial de Santa Cristina de Vea.
  1. (Toponimia de Galicia) Parroquia do concello da Estrada, na provincia de Pontevedra.

Termos relacionados

Véxase tamén

Referencias

  1. Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): «Cristina», Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega.
  2. Cabeza Quiles, Fernando (2018): Toponimia da Estrada. A Coruña: Real Academia Galega e Asociación Galega de Onomástica, pp. 157 e 159. ISBN 978-84-947823-6-7.