San Pedro de Ancorados
Aparencia
Galego
Etimoloxía: de San Pedro e Ancorados, pola advocación da parroquia a san Pedro apóstolo. O nome persoal Pedro procede do latín Petrus, forma masculina de petra «pedra, rocha».[1] O topónimo Ancorados é de orixe incerta. Segundo unha proposta de Gonzalo Hermo recollida por Cabeza Quiles, podería remontar a unha forma orixinal Encoirados, con redución irregular do ditongo, derivada de coiro, do latín corium, e facer referencia a antigos pelamios ou lugares onde se mergullaban as peles en auga para curtilas. A hipótese tería apoio nun documento de 1245 do mosteiro de Melón que cita un Johannes Arias de Encoirados, probablemente relacionado coa terra de Tabeirós. Cabeza Quiles sinala tamén o paralelo portugués Encourados, documentado no século XIII como Encoirados. A parroquia aparece documentada en 1531 como feligresía de San Pedro de Ancorados e en 1549 como felegresía de San Pedro d’Ancorados.[2]
Pronuncia: /samˈpeðɾo̝ðaŋkoˈɾaðo̝s/ ou /samˈpeðɾo̝ðe̯aŋkoˈɾaðo̝s/ (AFI)
San Pedro de Ancorados

- (Toponimia de Galicia) Parroquia do concello da Estrada, na provincia de Pontevedra.
- Véxase tamén: Lugares da parroquia: O Barro, Brei de Riba, O Foxo, Mamoela, A Pena de Arriba, Pousadela, San Pedro e Ventosela.
- Observacións: No Nomenclátor de Galicia de 2003 o lugar da Pena de Arriba figuraba como A Pena de Riba; desde 2026 o nome oficial é A Pena de Arriba.[3]
- Observacións: Ribas, que figuraba como lugar desta parroquia no Nomenclátor de Galicia de 2003, non consta no de 2026.[3]
- Véxase tamén: Vexa o artigo «San Pedro de Ancorados, A Estrada» na Galipedia.
Termos relacionados
Véxase tamén
Referencias
- ↑ Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): «Pedro, Petra», Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Cabeza Quiles, Fernando (2018): Toponimia da Estrada. A Coruña: Real Academia Galega e Asociación Galega de Onomástica, pp. 154–155. ISBN 978-84-947823-6-7.
- ↑ 3,0 3,1 Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (2026): Nomenclátor de Galicia 2026. A Coruña: Real Academia Galega, p. 109.
