Rubín
Aparencia
Galego
Etimoloxía: probablemente dun sintagma latino *(villa) Rubini, «vila ou propiedade de Rubinus», sendo Rubinus un antropónimo latino formado co sufixo -inus sobre Rubius. Cabeza Quiles considera tamén posible unha procedencia de *(villa) Rufini, a partir do antropónimo latino Rufinus. Nun documento do mosteiro de Samos do ano 1086 aparece unha villa vocabulo Rubin, iuxta rivulum Vesunia, situada xunto ao río Visuña; para a parroquia da Estrada documéntase en 1567 a forma Santa María de Rrubín.[1]
Pronuncia: /ruˈβiŋ/ (AFI)
Rubín

- (Toponimia de Galicia) Parroquia do concello da Estrada, na provincia de Pontevedra.
- Sinónimos: Santa María de Rubín.
- Véxase tamén: Lugares da parroquia: Agrelo, Amarelle, Os Balseiros, O Barro, O Bede, A Bemposta, Berbigueira, O Foxo, A Igrexa, Pazos, A Pena de Abaixo, A Pena de Arriba, O Sol, A Veiga da Braña e Os Vilas.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Rubín, A Estrada» na Galipedia.
- (Toponimia de Galicia) Parroquia do concello de Sarria, na provincia de Lugo.
- Sinónimos: Santa Mariña de Rubín.
- Véxase tamén: Lugares da parroquia: Rubín.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Rubín, Sarria» na Galipedia.
- (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Rubín, no concello de Sarria, na provincia de Lugo.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Rubín, Rubín, Sarria» na Galipedia.
- (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Rozavales, no concello de Monforte de Lemos, na provincia de Lugo.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Rubín, Rozavales, Monforte de Lemos» na Galipedia.
- (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de San Cibrao da Repostería, no concello de Palas de Rei, na provincia de Lugo.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Rubín, San Cibrao da Repostería, Palas de Rei» na Galipedia.
- (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Cícere, no concello de Santa Comba, na provincia da Coruña.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Rubín, Cícere, Santa Comba» na Galipedia.
Hidrónimo
Rubín
- Río que transcorre polo concello da Pobra do Brollón, na provincia de Lugo, e é afluente do río Saa.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Río Rubín, Río Saa» na Galipedia.
- Nome polo que tamén se coñece o río Albarellos, que transcorre polo concello de Monterrei, na provincia de Ourense, e é afluente do río Búbal.
- Sinónimos: río Albarellos.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Río Albarellos, río Búbal» na Galipedia.
Termos relacionados
Referencias
- ↑ Cabeza Quiles, Fernando (2018): Toponimia da Estrada. A Coruña: Real Academia Galega e Asociación Galega de Onomástica, p. 150. ISBN 978-84-947823-6-7.
- Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (2026): Nomenclátor de Galicia 2026. A Coruña: Real Academia Galega. DOI: 10.32766/rag.458.
