Ribadulla
Aparencia
Galego
Etimoloxía: de riba, do latín ripa («ribeira de río ou de mar»), e Ulla, nome do río, hidrónimo prerromano de etimoloxía e significado incertos. O topónimo fai referencia á situación destes lugares e parroquias na ribeira do río Ulla.[1]
Pronuncia: /riβaˈðuʎa̝/ (AFI)
Ribadulla


- (Toponimia de Galicia) Parroquia do concello de Santiso, na comarca da Terra de Melide, na provincia da Coruña.
- Sinónimos: San Vicenzo de Ribadulla.
- Véxase tamén: Lugares da parroquia: O Agriño, Albín, Amboaxe, Busel de Abaixo, Busel de Arriba, Gosenxe, Moreda e As Seixas.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Ribadulla, Santiso» na Galipedia.
- (Toponimia de Galicia) Parroquia do concello de Vedra, na comarca de Santiago, na provincia da Coruña.
- Sinónimos: San Mamede de Ribadulla.
- Véxase tamén: Lugares da parroquia: Angustín, Argunte, Canicova, Chaos, Corbeixe, Feal, Fraíz, Guimaráns, Os Muíños, Neira de Abaixo, Neira de Arriba, A Ponte de Sarandón, Rozadela, San Gregorio, San Mamede e Socastro.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «San Mamede de Ribadulla, Vedra» na Galipedia.
- (Toponimia de Galicia) Parroquia do concello de Vedra, na comarca de Santiago, na provincia da Coruña.
- Sinónimos: Santa Cruz de Ribadulla.
- Véxase tamén: Lugares da parroquia: Agrelo, A Albela de Arriba, Angustín, Eiravedra, A Famelga, A Foz, Galegos, A Lagoa, Monreal, Ortigueira, Outeiro, Pazos, Sete, O Sol, Tomonde, A Torre de Abaixo, A Torre de Arriba, A Torre do Medio, O Vao e Vista Alegre.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Santa Cruz de Ribadulla, Vedra» na Galipedia.
- (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Arnois, no concello da Estrada, na provincia de Pontevedra.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Ribadulla, Arnois, A Estrada» na Galipedia.
- (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Carcacía, no concello de Padrón, na provincia da Coruña.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Ribadulla, Carcacía, Padrón» na Galipedia.
Termos relacionados
- riba
- Ulla
- A Ribadulla
- San Vicenzo de Ribadulla
- San Mamede de Ribadulla
- Santa Cruz de Ribadulla
- Val do Ulla
Referencias
- ↑ Cabeza Quiles, Fernando (2025): Toponimia de Padrón e Pontecesures, A Coruña: Real Academia Galega e Asociación Galega de Onomástica, páxs. 69-70. DOI: 10.32766/rag.451. ISBN 978-84-17807-49-8.
