Saltar ao contido

Rial

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Rial».
  • Etimoloxía: de probable orixe hidronímica, emparentado co latín rīvus («arroio, río pequeno»), referido orixinariamente a unha pequena corrente de auga.
  • Pronuncia: /riˈal/ (AFI)

Topónimo

Rial

Igrexa de San Vicente de Rial, no concello de Val do Dubra.
  1. (Toponimia de Galicia) Parroquia do concello de Val do Dubra, na provincia da Coruña.
  2. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia homónima, no concello de Val do Dubra, na provincia da Coruña.
    • Observacións: O Nomenclátor de Galicia de 2026 mantén Rial como entidade de poboación e elimina a denominación duplicada A Igrexa procedente do NomenINE.
  3. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Cuns, no concello de Coristanco, na provincia da Coruña.
  4. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Guimarei, no concello da Estrada, na provincia de Pontevedra.
    • Observacións: Cabeza Quiles documenta no século XVI as formas do Rrial e Rrial, que indican que antigamente este topónimo tamén se empregaba con artigo.
    • Véxase tamén: Vexa o artigo «Rial, Guimarei, A Estrada» na Galipedia.
  5. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Sardiñeiro, no concello de Fisterra, na provincia da Coruña.
  6. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Fornelos de Montes, no concello de Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra.
  7. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de San Lourenzo de Nogueira, no concello de Meis, na provincia de Pontevedra.
  8. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Santa Xusta de Moraña, no concello de Moraña, na provincia de Pontevedra.
  9. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Trasmonte, no concello de Oroso, na provincia da Coruña.
  10. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Carcacía, no concello de Padrón, na provincia da Coruña.
  11. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Santo Estevo do Mato, no concello de Pantón, na provincia de Lugo.
  12. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Castrofeito, no concello do Pino, na provincia da Coruña.
  13. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Poio (San Xoán), no concello de Poio, na provincia de Pontevedra.
  14. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Lantaño, no concello de Portas, na provincia de Pontevedra.
  15. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de San Pedro de Muro, no concello do Porto do Son, na provincia da Coruña.
  16. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Leiro, no concello de Rianxo, na provincia da Coruña.
  17. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Adina, no concello de Sanxenxo, na provincia de Pontevedra.
  18. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Chaián, no concello de Trazo, na provincia da Coruña.
  19. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Santo André de Comesaña, no concello de Vigo, na provincia de Pontevedra.
  20. (Toponimia de Galicia) Antigo nome oficial de O Rial, lugar da parroquia de Ordoeste, no concello da Baña, na provincia da Coruña.
  21. (Toponimia de Galicia) Antigo nome oficial de O Rial, lugar da parroquia de Amoroce, no concello de Celanova, na provincia de Ourense.
  22. (Toponimia de Galicia) Antigo nome oficial de O Rial, lugar da parroquia de Lobios, no concello de Lobios, na provincia de Ourense.

Termos relacionados

Referencias