Saltar ao contido

Picheleiro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Picheleiro é un xentilicio non oficial co que se designa aos habitantes da cidade galega de Santiago de Compostela. O termo orixínase pola rivalidade con outras vilas, como A Coruña, Ferrol, Pontevedra. Santiago de Compostela ten unha longa tradición de grandes artesáns prateiros e acibecheiros. Os picheleiros eran artesáns que facían olas e diverso material de cociña de estano, un metal moito menos nobre. De aí o insulto.