Nigoi
Aparencia
Galego
Etimoloxía: posiblemente dun antigo nome de posesor: o antropónimo do latín Nico(n), a partir do seu acusativo Nicone(m). A evolución proposta sería Nicone(m) → Nigoe → Nigoi, e o topónimo designaría unha antiga villa ou explotación agraria pertencente a unha persoa chamada Nico.[1]
Pronuncia: /niˈɣɔj/ (AFI)
Nigoi

- (Toponimia de Galicia) Parroquia do concello da Estrada, na provincia de Pontevedra.
- Sinónimos: Santa María de Nigoi.
- Véxase tamén: Lugares da parroquia: Bustelo, A Carballeira, Costenla, Escarís, Parafita, O Pazo e A Silva.
- Observacións: No Nomenclátor oficial figura na forma abreviada Nigoi (Santa María).[2] A parroquia aparece documentada como Sante Marine de Nigoe no ano 1226 e como Santa María de Nigoe en dous documentos de 1419.[1]
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Nigoi, A Estrada» na Galipedia.
Referencias
- ↑ 1,0 1,1 Cabeza Quiles, Fernando (2018): Toponimia da Estrada, A Coruña: Real Academia Galega e Asociación Galega de Onomástica, p. 103. DOI: 10.32766/rag.336. ISBN 978-84-947823-6-7.
- ↑ Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (2026): Nomenclátor de Galicia 2026, A Coruña: Real Academia Galega.
